miércoles, 30 de enero de 2013

CRIS e JORGE

Asi nos deixaron Cris e Jorge contar parte do día da súa voda ós invitados no momento do café. Gracias rapaces por confiar en nós, e gracias a tódolos que participaron por poñérnolo tan fácil.
Pasámolo de cine....


CRIS & JORGE from xaora fotografos on Vimeo.

miércoles, 16 de enero de 2013

¡¡¡ COMUNIÓNS !!!

 Achéganse as Comunións, e aínda que faltan uns meses, sabemos que os preparativos comezan xa ... ...vestido,  traxe, peinado, complementos, onde celebralo... uff!! cantas cousas...
Coral, Antía, Manuel, Álvaro, María e Ismael son algúns dos rapaces que nos acompañaron nas Comunións de 2012. Deixámosvos unha pequena mostra das fotografías que tomamos.
 ¡¡¡Qué guapos están!!!



Gracias a todos e cada un por deixarnos compartir a súa dozura, simpatía, espontaneidade e frescura.
E lembrade, fora nervios porque ... ¡¡¡vai ser un día para pasalo pipa!!!

martes, 1 de enero de 2013

FELIZ 2013


Ano novo... bos propósitos, novas metas, pequenos proxectos...
Creemos que temos a receita. Os ingredientes necesarios son RISAS, ILUSIÓN, SOÑOS, ENERXÍA EN GRANDES CANTIDADES E MOITO EMPEÑO. Mesturamos todo coidadosamente e non deixamos de remexer con moito amor (pedir axuda si se necesita), ata que vexamos que os ingredientes ligan e que conseguimos o que buscabamos.  ¡¡¡ MANS Á OBRA !!!  Tomade nota ... ogallá nos funcione a todos ...

FIN DO CONCURSO



Remataron as votacións.
Moitas gracias a todos por participar. Esta é a fotografía máis votada. 

¡¡¡FELICIDADES PAULA!!!