DEBIDO A ANOMALÍAS NO RECONTO DE VOTOS, QUE NIN SABEMOS A QUE SE DEBEN NIN ESTÁ NA NOSA MAN SUBSANAR, VÉMONOS OBRIGADOS A SUSPENDER AS VOTACIÓNS E FINALIZAR O CONCURSO.
CLARO ESTÁ, QUEREMOS RECOMPENSARVOS POR SER TAN "APLICADOS" NA BUSCA DE VOTOS.
PLANTÉXASENOS ENTÓN A DÚBIDA DE COMO SER O MÁIS XUSTOS POSIBLE. E DESPOIS DE MOITO PENSAR, DECIDIMOS:
-OTORGAR O PREMIO ÁS TRES FOTOGRAFÍAS MÁIS VOTADAS ATA O MOMENTO, XA QUE ÍAN MOI "REÑIDOS" E BASTANTE DISTANCIADOS EN NÚMERO DE VOTOS COS DEMÁIS PARTICIPANTES. CONSIDERAMOS PREMIAR ÓS TRES PORQUE NOS CONSTA QUE HOUBO AMIGOS QUE SE MOVERON MOITO E O MERECEN.
-OTORGAR UN CUARTO PREMIO DAS MESMAS CARACTERÍSTICAS ENTRE OS DEMAIS PARTICIPANTES PORQUE O MERECEN IGUALMENTE E PORQUE, Ó FIN E Ó CABO, A FALTA DE UN DÍA PARA FINALIZA-LA ENCUESTA ¿QUEN NOS ASEGURA QUE NON PODÍA FACER CALQUERA DELES O MESMO COS TRES PRIMEIROS?. ESTE PREMIO SORTEARASE NO ESTUDIO. AVISAREMOS DE CANDO E COMO.
ASÍ QUE, POLO MOMENTO FELICIDADES A:
- MARTINA, XABI E ALEX
- ENEKO E DIEGO
- MATEO E IVÁN
ESPERAMOS QUE TODOS ENTENDADES QUE FACEMOS ESTE ESFORZO POR TENTAR SER O MÁIS XUSTOS POSIBLE. IDEAMOS ESTE CONCURSO COMO ALGO DO MÁIS INOCENTE E COA MAIOR BOA VONTADE, PERO POR RAZÓNS ALLEAS A NÓS... ESCAPÓUSENOS DAS MANS. GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario